Currently browsing: General

Convenio con EF

Convenio entre ASDE – Scouts de Galicia e Education First

A empresa Education First, firma internacional dedicada á formación en idiomas, convértese en colaborador de ASDE – Scouts de Galicia. Nos pasados días, procedeuse á firma do convenio entre as dúas institucións, polo que a empresa apoiará os programas educativos que realizan os Grupos Scouts...



ASDE – Scouts de Galicia amosa o seu pesar polo tráxico suceso ocorrido na praia do Orzán

ASDE – Scouts de Galicia quere transmitir o seu máximo apoio e solidariedade coas familias e persoas achegadas das vítimas do tráxico suceso acontecido o pasado venres na praia do Orzán, na cidade da Coruña. A federación amosa o seu profundo pesar polo falecemento dun...



ASDE – Scouts de Galicia inicia a celebración dos seus 100 anos de vida cunha flashmob simultánea na Coruña, Ferrol e Santiago

Os scouts galegos están en 2012 de celebración por todo o alto. ASDE – Scouts de Galicia, entidade que desenvolve o escultismo plural da comunidade, cumpre os seus primeiros 100 anos de vida, ao igual que ASDE – Scouts de España, e ten previsto un...



O vindeiro sábado 21 de xaneiro darán comezo as actividades de conmemoración do escultismo en España

Os Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia, celebrarán en Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela o inicio da conmemoración do centenario do escultismo en España en xeral (Vitoria; setembro de 1912) e de Galicia en particular (Ourense; novembro de 1912). Nas rúas...


Chocolatada do Grupo Chan

Máis solidariedade scout no Nadal

O pasado sábado, 17 de decembro, o Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela realizou a súa tradicional Chocolatada navideña no barrio de Vista Alegre, no que se ubica o seu local. Na actividade realizáronse xogos variados para tódolos nenos e rapaces do Grupo...



Iniciativa solidaria do Grupo Scout Semente 597

O Grupo Scout 597 Semente (A Coruña) desenvolveu durante estas últimas semanas a campaña solidaria “Un xoguete, un Belén” en colaboración coa delegación local de Cáritas. A campaña consistiu nunha recollida de xoguetes usados, pero en bo estado, para facelos chegar a nenos e rapaces...



Curso de técnicas de campismo e traballo en equipo

No derradeiro fin de semana do pasado mes de novembro celebrouse unha nova edición do Curso de Guías e Subguías. Participaron unha veintena de rapaces procedentes dos Grupos Scouts 19 Ferrol, 33-San Jorge, 292- Chan e 597-Semente. Os participantes, os máis veteranos e experimentados das...



BO NADAL E BOA RUTA NO 2012 A TODOS E TODAS!



Xornadas de educación ambiental

O pasado 26 de novembro celebráronse as III Xornadas para Escultas e Rovers organizadas por ASDE-Scouts de Galicia, coa participación de mozos de entre quince e vinte anos e os seus correspondentes educadores, dos Grupos Scouts 19 e 636-Vasco da Ponte de Ferrol; 33-San Jorge...


Congreso de Voluntariado

Visita das SAR os Príncipes de Asturias ao noso expositor no Congreso Estatal do Voluntariado

Na última xornada do XIV Congreso Estatal de Voluntariado recibimos a visita das SAR os Príncipes de Asturias, acompañados do Presidente da Xunta de Galicia e outras autoridades, que se interesaron pola labor educativa e de servizo de ASDE – Scouts de España e ASDE...