O Grupo Scout 597 Semente (A Coruña) desenvolveu durante estas últimas semanas a campaña solidaria “Un xoguete, un Belén” en colaboración coa delegación local de Cáritas. A campaña consistiu nunha recollida de xoguetes usados, pero en bo estado, para facelos chegar a nenos e rapaces de familias con recursos limitados.
Damos a noraboa ó Grupo Semente por esta iniciativa tan acorde con espírito de servizo que nos move ós scouts. Queremos tamén da agradecer a colaboración desinteresada de tódalas persoas que participaron nesta iniciativa. Que por riba das difíciles circunstancias que estamos a vivir, que todos os nenos podan desfrutar dun xoguete polo Nadal.