Entrega de novas Insignias de Madeira!

 

O domingo 19 foi un día moi especial para @scoutsdegalicia Celebramos a entrega de insignias de madeira a tres dos nosos scouters que completaron a súa formación como educadores. Trátase de Lara, Adrián e Andrés, que pertencen aos grupos @gschan292  @gruposcoutIlex695 respectivamente. Parabéns polo voso esforzo e compromiso!
A nosa presidenta, Xoana González Veira, foi a encargada de entregarlles as dúas contas de madeira que simbolizan a súa competencia e a súa pertenza ao movemento scout mundial. Destacou a importancia da formación continua e a calidade educativa no scoutismo. Tamén agradeceu o labor da Escola de Tempo Libre Insignia de Madeira, que imparte os cursos e talleres para os scouters da nosa federación.
Xoana fai entrega da IM a Lara

Xoana fai entrega da IM a Adrián

Xoana fai entrega da IM a Andrés.Pero a sorpresa do día foi a entrega da cuarta conta de madeira a un dos formadores da Escola, que ademais é expresidente de Scouts de Galicia. Trátase de Adrián Pernas, que leva máis de 20 anos dedicado ao scoutismo e á formación de adultos. A cuarta conta de madeira é o signo da formación dos formadores e da capacidade para animar e dirixir cursos de formación de responsables scouts a todos os niveis. É un recoñecemento moi merecido e un exemplo a seguir para todos nós.
4ª Madeira para Adrián
Deixámosvos algunhas fotos deste emotivo acto, que contou coa presenza de amigos e compañeiros dos homenaxeados. Esperamos que vos gusten e que vos animedes a seguir formándovos e crecendo como scouters. Sempre listos para servir!
Participantes no acto de entrega das IM


Deixe un comentario