Hoxe, o claustro da Escola Scout Insignia de Madeira de Scouts de Galicia celebrou unha reunión. Esta escola proporciona a formación necesaria para os voluntarios adultos que desexan exercer como educadores scouts (scouters). Ademáis, ofrece formación oficial no ámbito do tempo libre para persoas alleas á Federación.
Cada ano, a Escola Scout Insignia de Madeira convoca un curso de “Nó Gilwell”, que é a etapa básica que todo educador scout necesita. Neste curso, profundízase no coñecemento da metodoloxía scout e tamén se recibe a formación necesaria para obter o Título de Monitor de Actividades de Tempo Libre da Xunta de Galicia.
Para aqueles educadores que coordinarán un equipo de sección ou un Grupo Scout, a escola organiza cursos de “Insignia de Madeira”, que é unha etapa máis avanzada. Nesta etapa, a formación aprofúndase no coñecemento da metodoloxía scout e tamén se proporciona a formación para obter o Título de Director de Actividades de Tempo Libre da Xunta de Galicia.
Se precisas máis información, podes contactar a través do correo: [email protected]