Apúntate! Fai voluntariado
Todas as actividades de ASDE Scouts de Galicia son levadas a cabo por persoas voluntarias adultas con diversas habilidades que acompañan á infancia e á xuventude na súa aventura de construír un mundo mellor.
Únete á Bolsa de VoluntariadoCoñece o noso labor
A nosa esencia
Descobre o impacto do voluntariado scout no día a día a través das nosas persoas.
Por que facer voluntariado scout?
Descobre o que che pode achegar o voluntariado scout.
Anos de idade
Ganas de coñecer o scoutismo
Interese en educación non formal
Compromiso e espírito de equipo
- Organizar, realizar e avaliar actividades coa rapazada da túa sección educativa.
- Seguimento individual da progresión de cada educando.
- Coordinación co resto de membros do teu Grupo Scout.
- Relación coas familias nun clima de confianza.
- Dar exemplo de vivencia do Espírito Scout.
Non precisas titulación previa para comezar! Apoiámoste dende o primeiro día para que te formes e medres co grupo:
Formación Scout
Aprende sobre metodoloxía scout, educación en valores, xestión de grupos e actividades de aire libre.
Títulos Oficiais
Facilidades para acceder aos cursos homologados de Monitor/a e Director/a de Tempo Libre.
Acompañamento
Titorización continua e aprendizaxe práctica xunto ao equipo de scouters con experiencia.
Podes facer a túa fase de prácticas con nós! Acollémoste nun dos nosos Grupos Scout para que valides as túas horas nun contorno educativo real e dinámico.

