Educación transformadora,
feita á nosa medida.
O Programa Educativo de Scouts de Galicia é un sistema de autoeducación progresiva deseñado para que a xuventude sexa protagonista do seu propio crecemento. A través da acción e o contacto coa natureza, canalizamos o desenvolvemento en catro compromisos esenciais.
Compromiso Ambiental
A natureza é a nosa aula principal. Espertamos a conciencia ecolóxica a través do contacto respectuoso co medio natural e as técnicas scouts integradas na paisaxe.
Compromiso coa Saúde
Abordamos o benestar de forma integral: equilibrio físico, estabilidade afectiva e xestión consciente das emocións para construír unha autoestima sólida e libre de presións.
Compromiso Espiritual
Un espazo respectuoso para o autocoñecemento e a maduración ética. Acompañamos na definición dunha escala persoal de valores baseada na Lei e a Promesa Scout.
Como se vive o Programa no día a día?
A nosa técnica educativa fundamental é «aprender facendo». Isto materializase no noso día a día a través da Pedagoxía do Proxecto en cada sección: o Dique (Colonia), a Cacería (Manda), a Aventura (Sección Scout), a Empresa (Unidade Esculta) e a Descuberta Rover (Clan). Isto compleméntase cun sistema de avance persoal estructurado en 3 etapas continuas:
Integración
Descubrimento da sección, metodoloxía e grupo.
Participación
Implicación activa no progreso colectivo e asunción de responsabilidades.
Animación
Liderado de servizo, dinamización do grupo e especialización de habilidades.
Descarga o Programa Educativo
Accede ao noso programa educativo completo onde detallamos os indicadores de avaliación, o marco simbólico e as etapas de progresión para cada unha das seccións.
Descargar
