Quero ser scout

Benvido/a á aventura scout! Aquí atoparás toda a información necesaria para formar parte da nosa gran familia e descubrir un estilo de vida único orientado ao desenvolvemento persoal e social.

1. Escolle o teu grupo

Busca e contacta directamente co Grupo Scout máis próximo na túa cidade ou localidade.

Ver grupos na túa zona

2. Fai voluntariado

Tes habilidades que compartir? Enche a nosa enquisa de voluntariado e axuda a transformar a sociedade.

Encher enquisa

3. Contacta coa Oficina

Tes dúbidas xerais ou necesitas orientación específica? A Oficina Scout Galega está á túa disposición.

Páxina de contacto

Preguntas Frecuentes

Os nenos e nenas poden comezar na sección educativa da Colonia a partir dos 6 anos. Con todo, algúns grupos de Scouts de Galicia non dispoñen da rama de castores, polo que noutros casos a incorporación prodúcese aos 8 anos na Manda. Ofrecemos actividades continuadas para todas as idades ata os 21 anos.
As actividades inclúen xogos, obradoiros, excursións, campamentos, proxectos comunitarios e máis. Todas están deseñadas para ser educativas, divertidas e axeitadas a cada grupo de idade.
Xeralmente, hai reunións semanais dunhas 2 horas en horario de fin de semana, aínda que o día e duración exacta dependen de cada Grupo. Ademais tamén se realizan saídas, acampadas en períodos festivos e o campamento en verán. O compromiso pode variar segundo a sección e a época do ano.
Cada Grupo fixa unha cota anual que cobre o seguro e gastos básicos. As actividades especiais como campamentos poden ter custos adicionais. Traballamos para que o scoutismo sexa accesible para todas as familias.
Desenvolverán habilidades de liderado, traballo en equipo, responsabilidade, respecto pola natureza e valores como a solidariedade e o compromiso social.
Calquera persoa pode achegar o seu gran de area ao movemento scout, mesmo se xa pasou a infancia e a xuventude ou se nunca tivo contacto previo con nós. Non fai falta ter experiencia previa, só ganas de colaborar. Quizais gústache traballar en equipo, manexas ben os números, tes coñecementos de primeiros auxilios, te gusta a natureza ou contas con experiencia no mundo do tempo libre. Calquera persoa ou talento é útil e podes ofrecerte como persoa voluntaria para axudar da maneira que mellor se adapte a ti.
Facer voluntariado con nós é sinxelo, divertido e flexible. O grao de compromiso márcalo ti: podes colaborar semanalmente nas actividades, cada quince días, ou sumarte como apoio puntualmente en eventos especiais, proxectos ou campañas do Grupo Scout. Calquera achega, pequena ou grande, sempre é benvida e suma.
Si, por suposto! Podes colaborar no movemento scout doutras moitas maneiras máis aló do rol de monitor ou monitora en actividades. O movemento precisa apoio en áreas de xestión, loxística, mantemento, administración ou organización de grandes eventos e campañas segundo a túa dispoñibilidade e habilidades. Tamén podes brindar apoio ao voluntariado en diversas tarefas: buscando zonas de acampada e campamento, asistindo como itendencia no campamento, en tarefas de mantemento puntuais…