Escola Scout Insignia de Madeira
A Escola Scout Insignia de Madeira conta cunha ampla experiencia na formación en educación non formal no tempo libre. Está recoñecida oficialmente e desenvolve a súa actividade dentro do marco normativo da Comunidade Autónoma de Galicia.
A nosa Escola pertence a ASDE Scouts de Galicia, entidade que agrupa diferentes Grupos Scouts de toda Galicia.
Que facemos
Levamos a cabo diversas formacións no ámbito da educación non formal no tempo libre, adaptándonos ás necesidades detectadas dentro do noso campo de traballo.
A nosa actividade formativa estrutúrase en tres bloques principais:
- Cursos oficiais recoñecidos pola normativa vixente en Galicia
- Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
- Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre
- Curso de Pedagoxía Scout (común e específico)
- Cursos de formación scout
- Curso de “Nó Gilwell”: etapa básica que todo educador scout necesita. Complementando a formación de Monitor/a, os educadores reciben a formación scout baseada na nosa pedagoxía.
- Curso de “Insignia de Madeira”: etapa avanzada para aqueles educadores que coordinarán un equipo de sección ou un Grupo Scout. Nesta etapa profundízase no coñecemento da metodoloxía scout e complementa o Título de Director de Actividades de Tempo Libre da Xunta de Galicia.
- Cursos monográficos A temática destes cursos varía segundo as necesidades detectadas. Son formacións de entre 4 e 16 horas, dependendo dos contidos. Complementamos a formación do voluntariado en diferentes áreas:
- Xestión e administración asociativa
- Saúde e primeiros auxilios
- Alimentación e hábitos saudables
- Técnicas de campismo, orientación e elaboración de rutas
- Calquera outra temática relevante para o traballo educativo en tempo libre
Requisitos
Queres formarte para mellorar o teu traballo diario coa infancia e a mocidade?
Para acceder á nosa formación é necesario ter, como mínimo, 18 anos, sen límite de idade máxima.
O noso Equipo de Formación, así como as persoas colaboradoras da Escola, son persoas voluntarias expertas na materia que imparten.
Se desexas ter máis información, contacta no correo: [email protected]