Coñécenos

rutarover3

ASDE – Scouts de Galicia, é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento sen ánimo de lucro, independente e plural.

Apoiada por adultos voluntarios (scouters) convintemente formados, ten carácter educativo – formativo no tempo libre infantil e xuvenil.

ASDE – Scouts de Galicia, favorece o desenvolvemento do escultismo en Galicia, a través de programas educativos nos ámbitos da educación para a paz e o desenvolvemento; a igualdade de oportunidades, a integración e a inserción laboral; a educación medioambiental; o consumo responsable e o uso axeitado das novas tecnoloxías e a educación viaria.  Todos eles dende a perspectiva da educación non formal.

ASDE-Scouts de Galicia forma parte da “Federación de Asociaciones de Scouts de España (ASDE)” e a través desta á “Federación de Escultismo en España (FEE)” e á “Organización Mundial do Movemento Scout” (OMMS).

ASDEGA.Gal

ASDE

cropped-sct_logo_espac3b1a_527_co1

OMMS