O Movemento Scout caracterízase por ter un método educativo propio. Consistente nun sistema de auto educación progresiva que concreta a metodoloxía en cada unha das etapas psico-evolutivas do desenvolvemento do individuo.
Este sistema basease en:
- Educación en valores: O mozo ou moza establece libremente un compromiso persoal ante os seus compañeiros, asumindo unha responsabilidade social, persoal, ética…
- A educación pola acción: A aprendizaxe faise a través da observación, a experimentación e actividade persoal, permitindo aos participantes realizar accións por si mesmos e adquirir experiencias persoais. Ponse en práctica a educación pola acción mediante a aplicación da metodoloxía do proxecto: educación activa e emprego do xogo como oportunidade óptima de experimentar, aventurar, imaxinar, soñar, proxectar, crear e recrear a realidade.
- A vida en pequenos grupos: O pequeno grupo socializa, identifica aos seus membros cos obxectivos das actividades e permite profundizar no coñecemento mutuo. Todo elo posibilita a participación, a aprendizaxe e a asunción de responsabilidades. Créase así un espacio educativo e de confianza nun mesmo privilexiado para crecer e desenvolverse.
- Coa axuda de adultos: A presenza dun adulto capacitado, que se incorpora á vida do equipo propoñendo, revelando e axudando a descubrir, facilita o dialogo e a cooperación, invitando ao grupo a producir o mellor de si mesmo.
- A asunción de responsabilidades: A vivencia da participación en diversas actividades, asumindo responsabilidades consigo mesmo e co grupo, axuda ao estabrecemento dun compromiso persoal libremente aceptado, no que se basea o éxito do equipo.
- A formación autoxestionada: O mozo ou moza participa no seu propio desenvolvemento, formando parte activa das diferentes etapas determinadas no Programa Educativo Scout.
- Uns programas progresivos e atraíntes: A presentación de técnicas atraíntes que se aprenden executándoas, permite estimular o desenvolvemento de aptitudes, motivar a futura vocación e colaborar na formación da persoa, aportando a seguridade que implica o manexo dunha destreza.
- A variedade e os centros de interés: A través deles, os mozos e mozas relacionanse co mundo, descubren as súas capacidades e as dos demáis, o valor da cooperación e o espíritu de equipo, descubrindo dun modo alegre o que poden facer xuntos.
- O contacto coa natureza: O descubrimento da natureza estimula a creatividade, crea vínculos entre os membros do equipo, favorece a comprensión da vida en sociedade e permite valorar a vida sinxela e os ritmos naturais.
A metodoloxía de traballo utilizada nas distintas actividades é sempre participativa e activa, incluíndo ós mozos e mozas na planificación e na toma de decisións, como na evaluación continuada das mesmas