A nosa MISIÓN:
Contribuír á educación e o desenvolvemento das persoas, principalmente durante a infancia, a adolescencia e a mocidade, a través dun sistema de valores baseado na Promesa e a Lei Scout, para axudar a construír un mundo mellor. Tamén buscamos que as persoas crezan cunhas capacidades que lles permitan desenvolverse como adultas cun nivel de autonomía e liderado amplos, ao obxecto de contribuír a crear un mundo máis xusto, equitativo e feliz.Esto conséguese:
- involucrándoas ao longo dos seus anos de formación, nun proceso de educación non formal.
- utilizando un método específico que fai de cada Scout, o principal axente do seu desenrolo como persoa autosuficiente, solidaria, responsable e comprometida.
- axudándoas a establecer un sistema de valores baseado nos principios espirituais, sociais e persoais expresados na Promesa e na Lei Scout.
- fomentando a participación social, implicación e cooperación en accións de voluntariado.
A nosa VISIÓN:
Vemos a ASDE – Scouts de Galicia como un movemento global que contribúe realmente, á creación dun mundo mellor. Dinámico e innovador con recursos adecuados, de estruturas sinxelas e un proceso de decisión democrático onde a organización, a administración e a comunicación son efectivas a todos os niveis.
Entendemos que debemos estar liderando a proposta de voluntariado no tempo libre, como un movemento que inflúe nos valores educativos, con maior presenza, implicación, compromiso social e capacidade de denuncia, mantendo sempre os nosos principios Scouts e aquelo que nos fai diferentes.
Centrado na consecución da súa misión, con xente nova que traballa unida para desenvolver o seu completo potencial, apoiado por persoas adultas comprometidas que desexan e son capaces de levar a cabo o seu papel educativo.
Presente en todos os sectores da sociedade, pero principalmente no terceiro sector, sendo unha organización de servizos, independente, autónoma, comprometida co cambio social, desenvolvendo a formación dunha persoa íntegra.
Ofrecendo un programa educativo sinxelo, simplificado e transferible a todos os sectores sociais e transmitindo nas súas accións, os valores Scouts cos que educa a os seus membros.
|