O pasado sábado, 17 de decembro, o Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela realizou a súa tradicional Chocolatada navideña no barrio de Vista Alegre, no que se ubica o seu local. Na actividade realizáronse xogos variados para tódolos nenos e rapaces do Grupo e todos aqueles rapaces do barrio que se quixeron apuntar. Ao final das actividades repartiuse para todo o mundo unha cunca de chocolate con churros para merendar e combater o frío da tardiña.
Ademais, durante a actividade, os rapaces da Unidade Esculta (14 a 17 anos) coordenaron unha recollida de roupa e alimentos para levar ao Cottolengo de Santiago, unha institución que acolle a persoas enfermas e con recursos limitados.
Esta acción constituíu unha parte fundamental dentro dun Proxecto de Servizo que estes rapaces crearon, deseñaron e desenvolveron durante os últimos meses. A culminación desde proxecto tivo lugar o día 18 de decembro, no que puxeron en escea no propio Cottolengo unha obra de teatro deseñada polos propios rapaces para celebrar o Nadal con tódolos pacientes e residentes no devandito centro.
O mesmo día 18, tanto a Unidade Esculta coma o Clan (17 a 20 anos) colaboraron coa Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple (ACEM) vendendo lotería de Nadal nos principais centros comerciais de Santiago.