II ENCONTRO SCOUT GALEGO

logoJPEG

Este sábado arrancará a actividade máis importante que celebra ASDE-Scouts de Galicia ao longo co curso, o Encontro Scout Galego. Un evento que xunta a todos os grupos da Federación para disfrutar de distintas actividades ao longo da fin de semana, nun ambiente de convivencia e confraternidade.

O Grupo Scout Guía Vasco da Ponte 636 asume nesta ocasión a organización do Encontro, ao que asistirán grupos scouts de Ourense, Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña, xunto aos dous con sede na cidade departamental.

O acto de inauguración se celebrará no teatro Jofre, cedido polo Concello, e contará coa presenza do alcalde, Jorge Suárez.

Ao longo do día se desenvolverá un xogo por toda a cidade, polo que será fácil distinguir multidude de “pañolas scouts” percorrendo as distintas rúas.

O xogo finalizará as 16.00h no parque Raíña Sofía. A continuación os participantes collerán os buses ata o camping de Covas onde montarán as tendas de campaña, acondicionarán o lugar para pasar a noite, e realizarán diversos xogos e actividades ata o momento da cea. Á noite, e repartidos por por grupos de idade, celebraránse as veladas.

O domingo pola mañá faranse distintos roteiros polos arredores de Covas e Esmelle, permitindo aos acampados coñecer un entorno natural privilexiado. Despois do xantar, cada grupo regresará as súas respectivas cidades, dando por finalizada a actividade.

Os scouts son a organización infantil e xuvenil máis grande do mundo, con máis de 40 millóns de integrantes. Ten como obxectivo traballar por conseguir un mundo mellor para todos, educando no tempo libre a través do método scout, baseado nun principios e valores que pretenden axudar na progresión persoal dos rapaces e rapazas para que o día de mañan sexan persoas críticas, responsables, participativas e activas na busca dunha sociedade máis xusta e igualitaria.



Deixe un comentario