O 22 de febreiro é un día especial para os Scouts de todo o mundo, no que se conmemora o nacemento de Robert Baden-Powell e a súa esposa Olave, fundador e persoa crave da organización xuvenil máis grande do mundo, o Movemento Scout.
Os Scouts suman en todo o mundo máis de 40 millóns de persoas cuxo principal obxectivo é contribuír á educación en valores da infancia, para conseguir “cambiar o mundo e deixalo mellor do que atoparon”, a súa máxima dende 1907.
ASDE – Scouts de Galicia conta na actualidade con máis de 500 membros desde os 6 anos de idade ata o voluntariado adulto, distribuidos nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Luego e Ourense.
7 millóns de persoas voluntarias responsabilízanse no mundo cada fin de semana e cada actividade programada, de grupos de nenos e nenas ou novas, cos que comparten os seus valores e experiencias, e a quen acompañan no seu crecemento como futuros cidadáns e cidadás axentes do cambio positivo na sociedade.
Para celebralo durante o día de hoxe a Bandeira Scout lucirá nos concello de Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Ourense ao igual que en moitas cidades do resto de España. Asemade en A Coruña farase un acto de izado da bandeira que terá lugar ás 14.30 horas no balcón de María Pita. A concelleira de Participación da Coruña, Claudia Delso, recibirá ao noso presidente da federación ASDE – Scouts de Galicia, Adrián Rodríguez, ao coordinador de Recursos Humanos, Pablo Martínez, á coordinadora do Grupo Scout Semente da Coruña, Sabela Sande, e ao responsable do Grupo Scout San Jorge, Miguel González, para a continuación colocar a bandeira, que quedará ondeando durante toda a xornada.
Desfrutade do Día do Fundador #ScoutsFoundersDay e non esquenzades usar a etiqueta #ScoutSiempre nas vosas publicacións en redes sociais para participar na acción a nivel estatal.
Deixamosvos un xogo para que probedes canto sabedes de Baden Powell
https://worldscouting.typeform.com/to/IGQG5c