SAME 2017 CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Imprimir

Dende o ano 2001 a Campaña Mundial pola Educación celebrase a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). É unha semana, normalmente en abril, onde máis de 124 países  traballamos por garantir o dereito á educación, mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e especialmente, dos representantes políticos sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todos e todas no mundo.

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2017? NÓS SI

Este ano celebrarase do 24 ao 29 de abril, e trataremos de familiarizarnos coa nova axenda dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e especialmente co ODS4, especialmente centrado no dereito á educación. Gustaríanos sobre todo destacar  a importancia de que a cidadanía esixa aos representantes políticos que rendan contas polo cumprimento do ODS4, e que participe activamente nos procesos necesarios para que o dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade sexa unha realidade.

No apartado de materiais podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña este ano. Na propia páxina da SAME poderedes seguir ao corrente das novidades

http://www.cme-espana.org/

 

MANIFESTO
(PARA A LECTURA NOS ACTOS CENTRAIS)

En 2015, os líderes mundiais comprometéronse cunha nova axenda de desenvolvemento para construír un futuro máis xusto, inclusivo e sustentable para o planeta e para as xeracións futuras: os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Entre eles, destaca o ODS4, polo que os Gobernos se comprometen a garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e unha aprendizaxe ao longo da vida para todos. Este obxectivo, xunto á Declaración de Incheon, é a base da nova Axenda 2030 de Educación.

No ámbito da educación, aínda queda moito camiño por percorrer para facer realidade a lema desta nova axenda: Non deixar a ninguén atrás. A día de hoxe, aínda hai 263 millóns de nenos, nenas, novas e adolescentes de todo o mundo que seguen sen escolarizar, a maioría deles no África Subsahariana; e 758 millóns de persoas adultas son analfabetas, dous terzos delas mulleres. Ademais, o carácter universal dos ODS fai que non poidamos esquecernos da situación da educación en España, onde os recortes do gasto público repercutiron especialmente nos colectivos máis vulnerables, os principais afectados, cuestión que queda reflectida no elevado índice de abandono escolar do noso país, o maior de Europa 2017 é un ano crítico para empezar a reverter esta situación, xa que nos próximos doce meses os Gobernos deberán elaborar os seus plans de acción para a implementación dos ODS, así como definir os indicadores que van servir para medir os avances no seu cumprimento. Tanto o Goberno como as administracións autonómicas e locais deben cumprir coas súas promesas e render contas ante a cidadanía pola adopción das políticas e medidas necesarias para o cumprimento do ODS 4.

Ademais, para ser verdadeiramente significativos e facer honra ao espírito dos ODS – que se propuxo ser “unha Axenda das persoas, polas persoas e para as persoas”- estes procesos deben ser transparentes e contar coa participación activa da cidadanía e da sociedade civil a todos os niveis, a través da creación de espazos e mecanismos para a inclusión e a participación na toma de decisións a nivel local, autonómico, nacional e internacional. A educación é un tema que nos compete a todos e todas, e por tanto é fundamental que se teñan en conta as opinións e achegas do conxunto da cidadanía e moi especialmente dos principais afectados as decisións en materia educativa: comunidades educativas, nenos, nenas e novas. O éxito dos ODS e da Axenda de Educación 2030 depende diso.

Así pois, desde a Campaña Mundial pola Educación mobilizámonos durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) para pedir a palabra pola educación, esixindo ás administracións que cumpran os seus compromisos en relación ao ODS4 e facendo valer o noso dereito como cidadanía de ser partícipes nos devanditos procesos.

En concreto, demandamos:

1. Que o Goberno priorice a elaboración dunha folla de ruta clara e crible para a implementación da Axenda Educación 2030, concretamente do ODS4, ao longo do ano 2017. En concreto, o Goberno debe pór en marcha e liderar o proceso para definir as políticas, orzamentos e mecanismos institucionais de implementación do ODS 4 – a través da creación dun organismo interministerial, dependente de Presidencia do Goberno, que traballe en coordinación coas comunidades autónomas, fortalecendo así o carácter integral dos ODS.

2. Que se garanta a transparencia das administracións en relación aos procesos establecidos para a consecución do ODS4, a través da creación dos mecanismos de seguimento e rendición de contas oportunos pertinentes – difundindo de maneira pública e aberta información sobre os devanditos procesos.

3. Que se promova unha participación cidadá activa nos procesos asociados ao cumprimento do ODS4, garantindo que existan espazos para a intervención das organizacións da sociedade civil OSC e a cidadanía – especialmente das comunidades educativas – tanto na elaboración de políticas como no monitoreo dos avances para o cumprimento do ODS. Por exemplo, a través da creación de grupos consultivos que permitan a participación de partes interesadas alleas á administración ou mediante o establecemento dun organismo para o desenvolvemento sustentable que se rexa por unha estratexia de participación ampla e inclusiva.

4. Que se reafirme a defensa dos conceptos de calidade, gratuidade e equidade educativa definidos na Axenda 2030, así como o papel esencial que deben desempeñar os Gobernos á hora de garantir o dereito á educación.

5. Que se garanta a provisión dos fondos necesarios para financiar a totalidade da Axenda 2030, tanto a nivel internacional – facendo que a AOD española, e especialmente a destinada a educación, volva á senda previa á crise – como nacional – a través do incremento do gasto público en educación, ata situalo ao nivel da media do OCDE. A confianza da cidadanía nos seus representantes depende en gran medida de que os compromisos políticos estean apoiados polo financiamento necesario para cumprilos.

Sumate á nosa petición: Pide a palabra pola educación!



Deixe un comentario