A Ruta Rover percorreu a costa lucense

Durante a pasada Semana Santa tivo lugar a actividade de ASDE – Scouts de Galicia denominada “Ruta Rover” coa participación dos Clans Rovers (17-21 anos) dos Grupos Scouts 19, San Jorge 33, Hércules 283, Chan 292 e Semente 597. En total participaron arredor de 30 Rovers.

04-2014-4-acampada clanes Chan e Vasco da Ponte
A travesía transcurriu entre Foz e Ribadeo, e ao longo da mesma, realizáronse actividades propias da sección relacionadas, nesta ocasión, co emprendemento xuvenil.

04-2014-2-acampada clanes Chan e Vasco da Ponte
En Foz, e tal e como recolle o lema dos Rovers “Servir”, colaborouse coa protectora de animais, facendo limpeza e arranxos varios nas súas instalación.

04-2014-1-acampada clanes Chan e Vasco da Ponte

No Banco de Alimentos e no gardaroupa, axudamos a ordenar e clasificar moreas de calzado e prendas de vestir.

04-2014-3-acampada clanes Chan e Vasco da Ponte
Visita obrigada durante o traxecto foi á preciosa Praia das Catedrais. Unha vez en Ribadeo, unha cea de celebración puxo broche a unha gran experiencia, chea de convivencia, risas e moi bo ambiente.

04-2014-5-acampada clanes Chan e Vasco da Ponte

Destacar como anécdota, a coincidencia en Foz co Clan Rover do Grupo Scout Alondra 224 de ASDE – Exploradores de Madrid, co que se realizou unha divertida e amena velada.

Ata a vindeira Ruta Rover en 2016!



Deixe un comentario