23 de abril; día de San Xurxo; día do Servizo

545px-Blason_Fribourg_57.svg

Conta a lenda, que fai moito tempo, un cabaleiro enfrentouse a un temible dragón para rescatar a unha dona que estaba en perigo. A tradición cristiá asocia esta figura a de San Xurxo, e a tradición medieval o convirte en referenza para a cabaleiría andante. Lord Baden-Powell of Gilwell (o fundador do Movemento Scout Mundial) o escolle como patrón dos Scouts porque representa o Servizo aos demais por riba dos propios intereses.

O 23 de abril, os Scouts por encima de lendas ou crenzas, conmemoramos a figura de San Xurxo a través do Servizo. Dende os Scouts máis pequenos, os Castores (6-8 anos) ata os maiores, os Rovers (17-21 anos), o Servizo como valor está presente na súa vida. Empeza cun “pequeno” compromiso, facer alomenos unha boa acción ao día e remata cunha interiorización do Servizo aos demais como un valor propio e como unha actitude que se reflícte no día a día.

No día de San Xurxo, esta actitude de Servizo está especialmente presente en todos nós.

Feliz día de San Xurxo a todos e todas e bo Servizo!

DSC_0194

 



Deixe un comentario