ASDE – Scouts de Galicia súmase ao clamor mundial pola liberación das nenas nixerianas secuestradas na súa escola e sometidas ás máis cobardes e viles vexacións por parte do grupo terrorista Boko Haram.
En ASDE – Scouts de Galicia cremos e loitamos pola liberdade e os dereitos fundamentais de todas as persoas, especialmente das máis vulnerables.
O futuro de África, e do mundo, pasa necesariamente polo emponderamento, a liberdade, a protección dos dereitos e a educación das nenas.
Exiximos ás nosas autoidades, ás do seu país e ás dos Órganos Internacionais que realicen todas as accións necesarias para conquerir a inmediata liberación de todas as nenas secuestradas en Nixeria.
Tamén son as nosas nenas e queremos que volten a casa.