22 de febreiro: Día do Pensamento, Día do Fundador

BP

O 22 de febreiro de 1857 naceu Lord Baden-Powell of Gilwell en Londres. Aquel neno convertiríase no impulsor do maior Movemento para nenos/as e mozos/as do mundo.

Na actualidade o Movemento Scout Mundial conta con máis de 40.000.000 de membros en máis de 162 Organizacións Scouts Nacionais; a Federación de Escultismo en España (FEE) conta con máis de 90.000 asociados, ASDE – Scouts de España conta con máis de 30.000 asociados e 350 Grupos Scouts, dos cales máis de 500 socios formamos parte dos 6 Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia.

O 22 de febreiro, os scouts de todo o mundo celebramos o día do Fundador, día no quelembramos a labor e o compromiso dun home que quixo transformar o mundo dende a paz e a educación. Celebramos o día do Pensamento, día para reforzar o noso compromiso para construír un mundo mellor e recordando que máis aló de fronteiras, razas, credos, condicións, orientacións, etc. compartimos o camiño con millóns de persoas ao norte e ao sul; ao oeste e ao leste.

“…ser totalmente fieis a este pensamento, ao espírito antes que á letra,

parécenos a única maneira de poder inventar sin cesar un escultismo novo,

vivo, adaptado a cada xeración de mozos…”

Baden-Powell



Deixe un comentario