27 de xaneiro; Día Internacional en Recordo das Víctimas do Holocausto. ASDE – Scouts de Galicia maniféstase en contra dos xenocidios, en contra de calquera violencia contra as persoas.

DSC_3491

A Organización das Nacións Unidas (ONU) no ano 2005 aprobou a Resolución 60/7 en recordo das víctimas do Holocausto nazi, fixando o día 27 de xaneiro como o “Día Internacional en Recordo das Víctimas do Holocausto” cuxo obxectivo é a reafirmación de que o Holocausto, que tivo como resultado que un terzo do pobo xudeu e innumerables membros doutras minorías morreran asasinados, será sempre unha advertencia para todo o mundo dos peligros do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuicios.

Dende ASDE – Scouts de Galicia, en coherencia cos nosos valores e ideais, sumámonos a esta conmemoración no día de hoxe acendendo a nosa vela. Reafirmamos o noso compromiso na loita contra calquera tipo de discriminación e odio, considerando inadmisible a violencia contra as persoas, sexa cal sexa a súa condición, ideoloxía, raza, nacionalidade, relixión, orientación sexual ou outras. Traballamos e educamos para que o coñecemento e o respecto mutuo entre persoas e pobos sexa una ferramenta máis na construcción dun mundo mellor para todos.

Consideramos calquera xenocidio como algo inadmisible, frente ao que todas as persoas de ben debemos reaccionar con contundencia e decisión. A construcción da paz, da tolerancia e do respecto empeza por cada un de nos, co noso compromiso e coa nosa acción.

 



Deixe un comentario