O Grupo Scout Chan 292 comeza as súas actividades

1383780_697611926923619_1505497768_n

Os pasados días 12 e 13 de outubro o Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela iniciou as súas actividades para a Rolda 2013-2014. Foron momentos de encontros de incorporacións e de partidas.

A actividade consistiu nunha acampada de fin de semana na zona de Ponte Ledesma onde participaron todas as seccións do Grupo Manada de Lobatos (8-11 anos); Tropa Scout (11-14 anos); Unidade Esculta (14-17 anos) e Clan de Rovers (17-20 anos).

DSC_2673

Houbo tempo para os xogos e as risas, para as actividades de campo e para realizar unha Asemblea coa participación de todos e todas dende o máis pequeño o máis grande para facer propostas e decidir sobre as actividades desta Rolda.

Tamén presentáronse os Equipos de Scouters (voluntarios adultos) que traballarán con cada sección e os cargos e tarefas necesarias para o funcionamento do Grupo.

DSC_2675

Tamén houbo pasos adiante, e así scouts de distintas seccións partiron ás seccións seguintes para vivir novos retos e aventuras, pois xa remataran o seu paso pola sección anterior. Tamén tivemos partidas pois dous Rovers remataron a súa formación scout e partiron cara o mundo para empezar a cambialo a mellor.

… e case sen tempo de respirar o día 27, o Grupo estivo a colaborar coa organización da Carreira Pedestre de Santiago.

1403651_700911929926952_1648938023_o



Deixe un comentario