ASDE – Scouts de Galicia estivo no Congreso Internacional de Xuventude

557985_664624090244124_1926857899_n
ASDE – Scouts de Galicia participou no Congreso Internacional de Xuventude, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude en Ribeira os pasados 25 e 26 de outubro de 2013.
Participamos cun expositor na feira de entidades, así como expoñendo as nosas iniciativas de servizo no panel de experiencias e boas prácticas. Ademáis o noso Presidente Scout Xeral presentou e moderou unha das mesas de debate do Congreso.
Este encontro este ano tiña o seguinte tema central: “Da educación non formal ao emprego e o emprendemento”, polo que sen dúbida algunha a nosa organización tiña que estar presente pola nosa experiencia, xa centenaria, en Galicia na educación non formal de nenos e nenas e mozos e mozas.
1385009_664624020244131_1901987229_n
Máis información sobre o Congreso: http://bit.ly/1gTAGBr


Deixe un comentario