Consejo Scout Federal de ASDE – Scouts de España

DSC_2716

O Presidente Scout Xeral de ASDE – Scouts de Galicia, acompañado do Secretario Scout Xeral, representou a nosa Organización Federada no Consejo Scout Federal de ASDE – Scouts de España que tivo lugar no Consejo de la Juventud de España, en Madrid, os días 26 e 27 de outubro.

O Consejo Scout Federal está formado polo Equipo Scout Federal (Equipo Directivo) de ASDE – Scouts de España e polos Presidentes/as das 17 Organizacións Federadas membro.

Ao ser este o primeiro Consejo da Rolda 13-14, os Conselleiros/as da Federación estiveron a traballar no orzamento do 2014, na renovación de Estatutos e Regulamento, e en todos aqueles temas que son necesarios para que unha entidade como a nosa poda levar a cabo a súa tarefa.

Como moi boa nova cabe destacar a solicitude dos nosos compañeiros de Euskadiko Esploratzaileak – Scouts de Euskadi para a súa incorporación a ASDE – Scouts de España. Na Asamblea Scout Federal de novembro aprobarase o seu ingreso.

Grazas a todos polo seu traballo.



Deixe un comentario