Ante a recente noticia do rescate polas Forzas de Seguridade do Estado dunha nena de tan só 15 anos que estaba a ser utilizada coma escrava sexual nun club de alterne na Escravitude, preto de Santiago de Compostela; ASDE – Scouts de Galicia quere mostrar a súa máis absoluta repulsa, e o seu máis firme compromiso coa defensa dos dereitos das nenas e nenos e especialmente coa salvagarda da súa liberdade e dignidade.
Dende a nosa Federación mostramos a nosa desconformidade coa permisividade e tolerancia que moitas veces a sociedade mostra con esta realidade de escravitude moderna, afecte a menores ou a adultos.
Sentimos vergoña de que concidadáns nosos, utilicen menores como escravos sexuais e solicitamos as Autoridades que actúen da forma máis severa posible para atallar a trata de persoas.
Animamos a todos os cidadáns comprometidos coa liberdade e a dignidade das persoas a denunciar calquera situación de abuso que chegue ao seu coñecemento.