Comprometidos co Servizo no Grupo Scout 19

IMG_1930

O Secretario Scout Xeral de ASDE – Scouts de Galicia, acudiu ao Campamento de Verán do Grupo Scout 19 de Ferrol en San Cristóbal. O fixo por delegación do Presidente Scout Xeral para entregar, en representación do Presidente Scout Federal de ASDE – Scouts de España, a Insignia de Madeira a Ricardo (Kay), scouter (voluntario adulto) do Grupo.

Os scouters da nosa Federación teñen una gran inquedanza pola súa formación, para poder acompañar mellor aos nosos scouts no seu aprendizaxe. A Insignia de Madeira é o distintivo externo que sinala o final dunha etapa formativa e o comenzo dun novo período de Servizo como voluntario e ten recoñecemento internacional. A o mesmo tempo, os scouters que realizan esta etapa fórmanse como Directores de Tempo Libre.

IMG_1947



Deixe un comentario