Proxecto solidario da Unidade Esculta do Grupo Scout Vasco da Ponte 636

CAJAS EN CONSERVATORIO 2

A Unidade Esculta (14-17 anos) do Grupo Scout Vasco da  Ponte 636 de Ferrol, atópase rematando o proxecto no que se embarcou durante este curso.  Tratábase de realizar unha labor de recollida de alimentos, xoguetes e roupa  para entregar en diversas entidades benéficas de Ferrol. Baixo o lema “O Nadal  remata pero a necesidade non”, puxéronse mans á obra e dende xaneiro repartiron  caixas en diferentes establecementos da comarca, como os Clubes de Danza Esquío e  Matilde Pedreira, o Colexio de San Xoan de Filgueira, a Escola Oficial de  Idiomas, o Conservatorio Municipal de Música, os IES Sofía Casanova, Canido,  Saturnino Montojo e Terra de Trasancos , o Ximnasio Renbu-Kan, Club Narón de  Tenis de Mesa e o Local Social “A Solaina” de Narón (aos que desde aquí queremos  transmitir o noso máis sinceiro agradecemento pola súa colaboración).

EMPAQUETANDO

Tras  varios meses xestionando todas as caixas e almacenando todo o material chegou  xuño, momento no que se retiraron as caixas e comezaron coa selección e limpeza  de todo o recollido. Este pasado 16 de xullo fixeron o reparto do material que foi entregado ao Patronato Concepción Arenal e a Dignidad. O total  recollido ascendeu a: Roupa home/neno – 86 quilos, Roupa muller/nena: 93 quilos,  Roupa de abrigo ambos sexos: 243 quilos, Zapatos: 35 quilos, Xogos e xoguetes:  198 unidades, Comida: 200 quilos.

ENTREGANDO

Dende o Equpo de Scouters (voluntarios adultos) da Unidade queremos felicitar a toda a sección por este magnífico traballo. Un proxecto  que, coas súas dificultades, saíu para adiante e, como se ve, foi todo un éxito. Tan so nos agarda esperar a este vindeiro día 25 para avaliar e facer unha celebración de fin de proxecto por todo o alto… Que nervios!



Deixe un comentario