#CasTweeTores

logotipo_twitter

 

Os castores (6-8 anos) do Grupo Scout Semente 597 da Coruña; nos presentan unha orixinal actividade a través de twitter:

“Esta actividade conforma a construción do dique (proxecto de castores) para este trimestre da nosa Colonia con colaboración da Colonia do Grupo Scout Pisuerga 92 de Valladolid (de ASDE-Exploradores de Castela e León). No noso obxectivo de coñecer a outros castores, a outros rapaces de idades iguais xurdiu este proxecto entre todos os castores da Colonia con axuda dos scouters (voluntarios adultos). Dende cartas ou postais a vídeo-encontros, pasando por posibles e futuras acampadas conxuntas, presentámosvos a iniciativa de interrelación por “Twitter, a pomba mensaxeira do S. XXI”. Cada día subiranse baixo a etiqueta #CasTweeTores con mención dos grupos participantes, as mensaxes orixinais dos castores do Grupo segundo as súas inquedanzas, gustos, preguntas etc. dirixidas a esta Colonia fundamentalmente. As mensaxes foron preparadas na última reunión, polo que seremos os Grandes Castores os encargados da labor de actualización.

Un saúdo e doce “chapuzaduras”.



Deixe un comentario