Os deixamos algunhas imaxes de actividades de Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia:
ACAMPADA DA UNIDADE ESCULTA (14-17 anos) DO GRUPO SCOUT VASCO DA PONTE 636 DE FERROL…
Chegamos o venres 26 ao albergue, e para entrar en calor fixemos varios xogos de movemento e estratexia. O sábado iniciámonos no fascinante mundo do “Geocaching” para o que fixemos previamente un obradoiro sobre orientación con mapas topográficos (recordo de todo o xa visto) e outro sobre GPS. Unha vez localizado o lugar ao que queriamos ir, fixemos un roteiro de cinco horas para poder atopar o noso primeiro tesouro. Ao regreso demos boa conta dél na páxina web oficial. Pola noite fixemos unha dinámica e un roll-playing sobre o autoconcepto, a autoestima e as ferramentas para resistir á presión do grupo e á presión social no tocante a modelos de beleza corporal e alimentación. O domingo construimos un maio para a celebración da festa dos maios do noso barrio e fixemos unha dinámica sobre o estado da educación no noso país e a súa financiación para relacionalo coa calidade de vida, a renta per cápita, etc. grazas ao material achegado dende a Área de Programas de ASDE-Scouts de Galicia. Unha acampada moi intensa, productiva e satisfactoria para todos e todas. Un saúdo.
ACAMPADA DA MANADA DE LOBATOS (8-11 anos) DO GRUPO SCOUT CHAN 292 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA…
Os lobatos estiveron de acampada en Busto, facendo actividades, xogos e pasándoo en grande.
O GRUPO SCOUT CHAN 292 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA REALIZA UNHA ACCIÓN SOLIDARIA…
No Grupo Scout Chan 292 colaboramos coa campaña “Tu ayuda = Mi Ilusión” coa recollida de tapóns no noso local. http://bit.ly/16YYR0E
Infórmate sobre os tipos de tapóns que son válidos e colabora!
O GRUPO SCOUT VASCO DA PONTE 636 DE FERROL CONABORA NO TOLDO DA TAFONA DE CANIDO…
O Grupo Scout Vasco da Ponte 636 colaborou, por segundo ano consecutivo, no tradicional Toldo da Tafona que se desenvolve no barrio de Canido. O evento é organizado pola parroquia de Santa Cruz de Canido co fin de recaudar fondos para axudar aos máis necesitados. Os vecinos e veciñas colaboran aportando comida e os bares da zona a bebida. A nosa labor consiste na montaxe dos comedores e mesas, que achega o propio Grupo, atender a barra para servir as consumicións e xestionar os vales que son cambiados despois por bebida e comida. Novamente o tempo acompañou, facilitando unha vez máis unha elevadísima participación, nun ambiente de festa e celebración, arroupados polo son das gaitas e das rúas cheas de maios, simbolizando a exaltación da primaveira. Un saúdo e ata o ano que ven!
O GRUPO SCOUT HÉRCULES 283 DA CORUÑA PARTICIPA NO DÍA DA CIENCIA NA RÚA…
