No xa lonxano ano de 1963 o Grupo Scout 19 de Ferrol, empezou a súa andadura. Nunha época difícil, coa prohibición do escultism en vigor, apostaron por unha idea e un ideal.
O pasado 4 de maio celebraron a festividade de San Xurxo e realizaron un acto conmemorativo dos seus 50 anos de vida. Este é o seu relato:
Foi un día moi bonito e especial no que aprendimos máis sobre a historia do noso barrio -Ferrol Vello- e de noso Grupo, puidemos seguir a evolución do Grupo 19 a través dunha exposición fotográfica mostrada nos xardíns do Baluarte, degustamos a sabrosa paella preparada por Arcadio coa inestimable axuda de Baloo, compartimos o noso Local con todas aquelas persoas que quixeron visitalo, mostramos algúns dos nosos símbolos de Grupo como o Tipi e realizamos as habituais cerimonias onde entregáronse os diplomas á constancia.
Mención especial para o noso querido Gil, que este ano cumpre 50 años de servizo activo no escultismo. Moitas gracias Gil por todo o que nos ensinaste e todo o que che queda por ensinarnos!
Grazas tamén a Borja Carro (Concelleiro de Medio Ambiente e Servizos), Verónica Casal (Concelleira de Igualdade e Mocidade), Javier Castro e Antón Lama-Pereira (Presidente y Coordinador de Comunicación do Equipo Scout Xeral), Francisco Vázquez “Pancho” (Fundador do Grupo 19), Grupo Scout Semente 597 e Grupo Scout Vasco da Ponte 636 por compartir esta xornada con nos.
E por suposto, grazas aos familiares, amigos e scouts “veteranos” que sempre estáis con nos e unha vez máis demostrástedes que sodes parte fundamental no Grupo 19.