V CONFERENCIA SCOUT XERAL, a unha semana vista

cartel Conferencia 5

Os vindeiros días 20 e 21 de abril, vai ter lugar en Santa Cruz (Oleiros) a V Conferencia Scout Xeral de ASDE – Scouts de Galicia. A Conferencia é o máximo órgano de debate da nosa ONGD, e nela participarán scouters (voluntarios adultos) de 5 Grupos Scouts: 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol; San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña e Chan 292 de Santiago de Compostela.

O debate desenvolverase en torno a dous grandes temas que conformarán as mesas de traballo da Conferencia:

– A permanencia dos scouters en ASDE – Scouts de Galicia: onde analizaceremos o papel do voluntariado adulto, o seu acceso e permanencia e as súas necesidades; facendo propostas cara ao futuro.

– As actividades federativas en ASDE – Scouts de Galicia: aquí traballaremos sobre o deseño, contidos e estrutura das grandes actividades da Federación onde participan os nosos educandos, cunha perspectiva que vai máis aló do seu propio Grupo, xa que nas mesmas relaciónanse con rapaces e rapazas e mozos e mozas de todos os Grupos de ASDE – Scouts de Galicia.

Neste mesmo espazo comentaremos os resultados. Ata a Conferencia!



Deixe un comentario