Marca a “X” Solidaria

x solidaria

Afortunadamente cada ano somos máis os e as que marcamos a casilla de Fins Sociais na declaración da renda, de feito en 5 anos aumentou en 2 millóns os e as contribuíntes solidarios. E é que grazas a que máis de 9 millóns de contribuíntes marcaron esta casilla, se fixeron posibles 1103 proxectos de Acción Social de 425 ONG, entre elas ASDE-Scouts de España.

Grazas en parte a campañas como a que ano a ano leva a cabo a Plataforma do Terceiro Sector, en 2012 preto de 300.000 persoas máis marcaron a casilla de Fins Sociais. A campaña de comunicación que nos incumbe a todos e todas pretende informar a poboación sobre que é a casilla de Fines Sociais e que posibilidades hai ante marcala ou non. Ti tamén podes ser activista desta causa e fomentar que cada vez haxa máis contribuíntes solidarios e solidarias. Acórdate das mensaxes clave e coméntao no teu ámbito!

Marcar a casilla de fins sociais non te custa nada
. Non pagas máis
. Nin che devolven menos
. Se non a marcas, esa porcentaxe se destina a presupostos xerais do Estado: é dicir o Estado decide onde invertelo.
. Grazas a que cada vez máis persoas marcan esta casilla, fanse posibles máis de mil proxectos de acción social, cooperación ao desenvolvemento e medio.
. Benefíciase a máis de 6 millóns de persoas atendidas por estes proxectos

Entón, por qué aínda quedan persoas que non marcan a X? A distribución de 2012 foi:
. 35,41% dos declarantes marcaron só a casilla de Fins Sociais
. 14,84% marcaron a casilla de Fins Sociais e a da Igrexa conxuntamente
. 20,09% marcaron só a casilla da Igrexa
. 29, 66% non marcaron ningunha.
Seguro que moitos e moitos dos declarantes que non marcaron a casilla de Fins Sociais o fan por descoñecemento e por iso temos que facer moito, explicar e informar!

A distribución do recadado pola casilla de Fins sociais realízase a través de 3 Ministerios: un 77, 72% vai ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que o destina a proxectos de Acción Social das ONG, un 19,43% ao Ministerio de Asuntos Exteriores que o destina a proxectos de cooperación ao desenvolvemento, e o 2,85% restante corresponde ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio que o destina a proxectos ambientais de ONG.

O ano pasado destináronse 203.872.524 € a 1.103 proxectos de Acción Social que benefician a distintos colectivos:
. Persoas con discapacidade
. Persoas maiores
. Infancia e familia
. Inclusión social
. Emigrantes
. Mulleres
. Mozos
. Promoción do voluntariado
. Persoas afectadas de VIH
. Persoas con drogodependencia
. Pobo xitano

Necesitas máis información? Visita:

http://www.xsolidaria.org/

 



Deixe un comentario