ASDE – Scouts de Galicia estivo presente na VII Conferencia Scout Federal de ASDE – Scouts de España

Durante o fin de semana do ponte da Constitución, ASDE – Scouts de Galicia xunto a outras 16 Organización Federadas a ASDE – Scouts de España, participou na VII Conferencia Scout Federal en Guadarrama (Madrid).

Debatéronse 4 documentos sobre a Misión a Visión e os Valores, o Sistema de Programas Educativos, as estructuras e a organización federal, e o papel das persoas na organización. O noso papel foi moi activo debatendo, discutindo e aportando a nosa visión de cada un dos temas, sempre co ánimo de facer Federación. O contacto e as relacións con outras delegacións foi moi intenso e gratificante. É de destacar que o Relator da mesa de Programas, Tanis Villar, é membro de ASDE – Scouts de Galicia como scouter do Grupo Scout Chan 292.

-Delegación de ASDE – Scouts de Galicia-

No transcurso da Conferencia, tamén tiveron lugar ás eleccións ao novo Equipo Scout Federal, sendo elixida a candidatura encabezada por Diego Cobos que é o novo Presidente Scout Federal. A despedida da anterior Executiva foi moi emotiva, e dende aquí queremos agradecer a Julio del valle e ao seu Equipo todo o traballo realizado, recordamos especialmente a Pablo Bello, Comisionado Internacional saínte, e membro da nosa Organización como scouter do Grupo Scout Semente 597 de A Coruña.

-Novo Equipo Scout Federal de ASDE – Scouts de España-

No marco da Conferencia contamos coa presenza de dous lobatos e un scouter do Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela, que acudirón en representación da Manada de Lobatos (8-11 anos) do mesmo, ao concurso de Curtametraxes Scouts do que quedaron finalistas ¡Noraboa!

-A delegación galega cos lobatos e o scouter do Grupo Scout Chan 292-

Por último informar de que ASDE – Scouts de Galicia gañou o premio ao mellor proxecto medioambiental coa sua actividade de Servizo nas Illas Cíes na Feira de Proxectos de ASDE.

 

 



Deixe un comentario