O director xeral de Xuventude recibiu o cheque do voluntariado de ASDE – Scouts de Galicia

ASDE – Scouts de Galicia celebrou o domingo 25 de novembro no pazo de Villa Melania (concello de Culleredo) a Asemblea Scout Xeral ordinaria. A xuntanza contou nesta ocasión coa visita do director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, de cara a celebrar o Día do Scouter, promovido desde ASDE – Scouts de España.

O director xeral recibiu de mans do Presidente Scout Xeral, Javier Castro, e do Coordinador de Recursos Humanos, Iván Arceo, o cheque do voluntariado, unha forma simbólica de reflexar o esforzo dos educadores de ASDE – Scouts de Galicia. Os 112 voluntarios que traballan hoxe coa federación suman, aproximadamente, 39.000 horas ao ano de traballo, o que aforra un gasto duns 160.000 euros.

Rodeiro ensalzou a labor dos scouts, felicitándoos polo seu centenario. Destacou que se trata da organización xuvenil meirande do planeta con uns 30 millóns de membros.

Mentras, o presidente de ASDE – Scouts de Galicia agradeceu a colaboración continua do director xeral, tanto a nivel de apoio económico coma operativo, nesta pasada lexislatura autonómica. A federación agasalloulle co pano branco e azul que identifica a ASDE – Scouts de Galicia.



Deixe un comentario