Xa temos o deseño da camiseta do XXXII Festival

O Grupo Scout Semente 597, organizador do Festival Scout Galego 2012, anuncia que xa ten o deseño gañador do concurso “Eu pintei o Festival Galego”, lanzado hai pouco máis dun mes, co obxectivo de deseñar a imaxe que lucirá nas camisetas deste XXXII Festival,  neste ano especial dos nosos 100 anos.

Parabéns a Patricia Vázquez Saez – tropera do Grupo Scout Semente polo seu orixinal e emotivo traballo artístico que  lembra a alegría e a convivencia feliz entre irmáns scouts sempre coas cancións e as risas.

Cómpre felicitar tamén a Emilio Álcala-Zamora Dorrego – tropero do Grupo Scout Semente 597 cuxa orixinal frase acompáñase en forma de lema na camiseta: “100 anos xuntos, por que non seguir?”

Finalmente hai que agradecer a todos o esforzo e ganas expostas nos traballos presentados, sen dúbida dificultou a sempre dificil tarefa de deliberación do xurado. A acollida do concurso e concretamente a orixinalidade e calidade dos traballos presentados foi excelente.

Parabén aos afortunados e moitas grazas a todos por participar!



Deixe un comentario