A Coruña se prepara para acoller unha das grandes festas do escultismo galego. ASDE – Scouts de Galicia celebrará os vindeiros 17 e 18 de marzo o XXXII Festival Scout Galego, organizado nesta ocasión polo Grupo Scout Semente 597.
Uns 250 scouts desfrutarán dunha intensa fin de semana que reunirá o certame da Canción Scout, as Olimpiadas e demais actividades que fomentarán a convivencia e interralación entre os Grupos Scouts da federación.
O programa comezará o sábado 17 pola mañá. Os participantes descubrirán unha das vertientes culturais e científicas da Coruña cos actividades no Acuarium e na Casa do Home (Domus). Tras os ensaios e afinar ben as voces, comenzará o festival da canción no colexio Calvo Sotelo. A apertura das portas será ás 16.30 horas e o certame comezará ás 17.00 horas para buscar o relevo do Grupo Scout 19, vencedor da pasada edición e que representarán a Galicia no Festival de ASDE en Zaragoza o 28 de abril.
A noite estará dedicada á seguridade viaria, con actividades por seccións preparadas polos Grupos 19, Vasco da Ponte 636, San Jorge 33 e Chan 292.
O domingo será o día das Olimpiadas, pensadas como promoción do deporte e hábitos saudables. Os equipos se conformarán con scouts dos grupos participantes.
O Festival finalizará despois da comida, coa ceremonia de clausura e a despedida co tradicional Adeus Scout.