Aberta a matrícula para os Cursos de Monitor e Director de Tempo Libre

A Escola Scout Insignia de Madeira abre o prazo de inscrición para os cursos de Monitor de Tempo Libre (Nó Gilwell) e de Director de Tempo Libre (Insignia de Madeira) correspondentes á convocatoria 2011/2012.

Os cursos están dirixidos tanto para socios de Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia como para non socios interesados en obter a titulación oficial, recoñecida pola Xunta de Galicia.

O prazo de matrícula permanecerá aberto até o vindeiro 22 de outubro. A continuación pódese descargar a información necesaria para apuntarse nos cursos: