Inicio das actividades 2011-2012

Os seis Grupos Scouts que conforman ASDE – Scouts de Galicia dan inicio as súas actividades para a rolda solar 2011-2012. Acampadas, saídas ou reunións no local serven nestas primeiras semanas como acto inaugural dun ano que promete, máis tendo en conta que no 2012 celebraremos o 100 cumpreanos de Scouts de España.

Estas primeiras actividades serven ademais para realizar os chamados pasos de rama, nos que se celebra o cambio de sección dos diferentes scouts xa membros dos grupos.

En definitiva, ASDE – Scouts de Galicia comeza unha nova rolda solar chea de retos como o mencionado centenario, de programas interese social e de servizo, de grandes actividades nas cidades, de campamentos, acampadas, marchas, rutas, festivais, e sobre todo de moita ilusión.

Para saber máis do inicio de actividades de cada Grupo Scout e do proceso de inscrición podes contactar con eles ou coa oficina de ASDE – Scouts de Galicia.



Deixe un comentario