ASDE – Scouts de Galicia celebrou o domingo 2 de outubro, no centro social de Santa Marta de Babío (concello de Bergondo), a Asemblea Scout Xeral extraordinaria coa finalidade de, entre outros asuntos, celebrar as eleccións á xunta directiva da entidade. O Equipo Scout Xeral elixido na asemblea, cun mandato de tres anos, é o seguinte:
- Presidente Scout Xeral: Javier Castro
- Secretario Scout Xeral: Pablo Álvarez
- Asesora Xurídica: Mª Elisa Lorenzo
- Tesoureiro Scout Xeral: Ignacio Vilar
- Coordinador de Programas Educativos e Crecemento: Prisco Marcos
- Técnica de Programas do 0.7: Diana Franco
- Coordinador de Recursos Humanos: Iván Arceo
- Director da ESIM: Estanislao Villar
- Administradora da ESIM: Emilia Pena
- Equipo de dinamización de scouters:
- Raquel Piñeiro
- Ricardo M. San Vicente
- Coordinador de Comunicación: Antón Lama-Pereira
Na asemblea participaron unha trintena de educadores scouts que valoraron o traballo realizado nos tres últimos anos e expresaron o seu desexo de que o avance de ASDE – Scouts de Galicia continúe pola mesma senda.
Emotiva foi a despedida realizada a tres membros do Equipo que agoran deixan o seu cargo: Luis Romero, Fran Gutiérrez e Alberto González, que traballaron durante estes tres anos como Secretario Scout Xeral, Coordinador de Crecemento e Coordinador de Comunicación, respectivamente.
Ademais das eleccións, a asemblea xe comezou a planificar as primeiras actividades do novo curso, como a acción de servizo que se vai efectuar nas Illas Cíes ou os cursos de formación da Escola.