Crónica Chapoteo 2018!

Un día no que o sol brillaba como nunca, Kibu nadou feliz ao medio do estanque, dende onde chapoteou coa súa cola sobre a auga: Plash, chamando aos Grandes Castores, os cales acudiron rápido a recibir a boa noticia. Este e parte do comezo do libro “La vida en el estanque” que narra as aventuras dunha colonia de castores. E así, queremos comezar o que relata as aventuras do primeiro Chapoteo de ASDE Scouts de Galicia tras un bo anaco de anos.

– Malak, que é o ocorre? – preguntou un castor.

E Malak, o sabio e vello bufo, dende o alto dun vello tronco comezou a contar:

“Moitos, moitos anos pasaron ata que os castores de Galicia puideron xuntarse e compartir xogos e danzas no seu ambiente propio: o estanque. Así este ano, os pasados 3 e 4 de marzo, tivo lugar ese encontro: o Chapoteo coa participación das Colonias de Castores dos Grupos San Jorge 33 e Semente 597 de A Coruña e máis do Grupo Chan 292 de Santiago de Compostela.

Foron días dunha maxia e ambiente especial que xa se desprendía dende A Coruña ata Santiago. Para algúns era a primeira vez que saían da súa tobeira, pero valía a pena, as augas do Sar estaban agardando para unirlles e facer novas amizades baixo o espírito dun scout. As viaxes fixéronse longas e non exentas de nervios, pero seguía valendo a pena pois non só ían a coñecerse senón que tiñan a misión de devolverlle a color e o sorriso a estas augas. A auga como non podía ser doutra forma foi a protagonista. Os castores aprenderon moito da súa vida e da súa importancia para todos os animais e humanos do bosque, con xogos e probas que foron superando e así, “curar” e aprender a valorar este recurso tan prezado. Sen esquecer do tempo para chapotear e compartir novas experiencias que seguramente lles fagan máis fortes, sans e responsables. Estamos seguros que a todos os castores lles creceron un pouco máis as súas paletas de castor, e seguro que algunha novidade máis…

IMG_2444 IMG_2257

Nin a noite, nin o frío ou a propia chuvia puideron borrar os sorrisos e enerxía dos castores, nin parar no seu propósito de desfrutar, aprender e axudar da man de Arco Iris, Lekes, Gran Castor ou a pequena Burbuja.

E vaia se o conseguiron. As augas do Sar seguen lucindo coas mellores galas onde acoller en harmonía a castores ou humanos. Dende o seu pequeno recuncho local, contribuíron a construír ese mundo mellor.

E que isto non pare. A seguir chapoteando, a seguir compartindo con alegría nas augas de Galicia!”

 

IMG_2448IMG_2273

 



Deixe un comentario