Onte deuse coñecer o fallo do xurado da 3a Edición dos Climate Leaders Awards. Estes galardóns están impulsados por The Climate Reality Project Europe, a iniciativa creada co fin de loitar contra o Cambio Climático por Al Gore, exvicepresidente dos Estados Unidos e Premio Nobel da Paz.
Os premios recoñecen a persoas, empresas e entidades que destacaron no último ano na loita contra a crise climática. Scouts de España foi premiada na categoría de Personalidade Climática Moza por impulsar no respecto polo medio ambiente na mocidade desde hai décadas e contribuír a que miles de persoas aprendesen a amar a natureza.
O compromiso ambiental é un valor fundamental desta organización e está plasmado no seu programa educativo. Desde os 6 aos 21 anos ensínase a coidar e respectar a contorna natural con actividades diferenciadas por idades. E é que coidar e protexer a natureza é parte da Lei Scout e, por tanto, un compromiso de toda a entidade e das persoas que a conforman.
Ademais é unha entidade comprometida coa Axenda 2030 e ten unha apartado web especial adicado a ela onde agrupa os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS) por eixos. Un deles é ‘planeta’ e a web propón actividades e datas sinaladas para que os grupos scouts traballen os ODS vinculados a medio ambiente e cambio climático.
Tamén se fomenta a participación e incidencia xuvenil con actos como a participación na COP25, celebrada en Madrid, e nas Marchas polo Clima.
A presidenta de Scouts de España, Elena Cabezas Alcalá, agradece o recoñecemento: “Anímanos a seguir adiante e confírmanos que avanzamos na dirección correcta. Non son tempos fáciles, pero se algo nos define como scouts, é a nosa capacidade para sobrepoñernos ás dificultades. Niso estamos educadas e sobre esa base de resiliencia seguiremos adiante para deixar o mundo mellor do que o atopamos. A mocidade en xeral, e a scout en particular, ten moito que facer e moito máis que dicir”.
Scouts de España creouse en 1921. É unha organización de carácter educativo, independente, plural con máis de 30.000 socios e socias e 7.000 persoas voluntarias en todo o país.
Traballa para contribuír a unha educación integral de nenos, nenas e novas, entre 6 e 21 anos, axudando a construír un mundo mellor no que as persoas se autorrealicen como individuos e xoguen un papel construtivo na sociedade, apoiándose nun proxecto educativo propio.
Contacto: [email protected] | 915 175 442