X Solidaria

Porque as ONG somos esenciais contra o coronavirus: Das X nas rúas ás X nas casas

Desde Scouts de Galicia, sumámonos á X Solidaria.

“As entidades sociais e as nosas persoas traballadoras e voluntarias estamos en primeira liña contra a pandemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos. Podémolo facer en gran parte porque cada vez mais persoas marcan a X Solidaria na súa Declaración de IRPF

Esta é a idea forza que desde as federacións e redes de entidades galegas (CERMI, Plataforma de Infancia e EAPN Galicia) queremos transmitir a partires do 2 de abril cando se abre o prazo para presentar a Declaración da Renda e, con ela, a campaña da X Solidaria para que as contribuíntes marquen o recadro de “Actividades de Interese Social”. O ano pasado moitas de vos fixestes unha X xigante nas vosas localidades representando a X Solidaria. O esforzo pagou a pena porque conseguimos animar a 14.564 galegos e galegas máis (716.201 en total) a marcar ese casiña, pero ainda hai moitas persoas que non a marcan.

Este ano non podemos levar a cabo actos na rúa pero cremos que dende as nosas casas tamén podemos facer moito. Non so pola X Solidaria senón porque temos a ocasión de difundir o inmenso traballo e esforzo que estades a facer nas vosas entidades, en silencio en moitas ocasións. Así que vos pedimos como organizacións pero tamén como persoas traballadoras, voluntarias ou participantes que o 2 de abril e durante todo o tempo que dure a campaña do IRPF enchamos de X Solidarias as nosas ventanas e redes sociais

Pedímovos o seguinte:

  • Debuxar ou facer una “X” (manualmente ou por outro medio que prefirades) e subila ás redes sociais e as fiestras das casas ou locais. Liberdade de creación total
  • Lanzar mensaxes co que estades facendo nas vosas entidades ou a título individual, animando a marcar a XSolidaria coa idea forza de que “as entidades sociais estamos en primeira liña contra a epidemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos; pondéndoo facer en gran parte porque cada vez mais persoas marcan a X Solidaria
  • Utilizar en tódalas publicacións as etiquetas #XSolidaria e #CoronavirusGalicia.
  • Que difundades esta campaña entre organizacións e persoas.

Como vos imaxinades, nas redes e nas ONG implicadas directamente na campaña andamos tamén co agobio e a prioridade de loita contra a pandemia polo que vos pedimos disculpas anticipadas se non podemos dar a atención ou a coordinación que nos gustaría. En todo caso temos todo listo (dossier, nota de prensa, mensaxes redes etc), toda a información e ideas clave na web xeral da campaña: www.xsolidaria.org

P.D.:O 2 de abril é tamén o #DíaMundialAutismo e co lema “Podo ESTUDAR. Podo TRABALLAR” anímannos a participar tamén desde a casa facéndonos fotos cun obxecto que nos defina como profesionais. Apoiar a súa causa de reclamar por exemplo respecto e comprensión para que as persoas con autismo poidan saír á rua sen recibir insultos, é compatible coa campaña da X Solidaria.

Moitas grazas e ánimo!

www.xsolidaria.org



Deixe un comentario