Este sábado 22 de novembro no centro cívico de Monelos (A Coruña) tiveron lugar as xornadas de escultas que este ano chegaban a súa sexta edición coa temática da comunicación e as habilidades sociais.
Uns 30 escultas dos Grupos San Jorge 33 e Semente 597 de A Coruña, Chan 292 de Santiago de Compostela e Vasco da Ponte 636 de Ferrol aprenderon a relacionarse entre si e axudar a mellorar a comunicación e as relacións humanas, problemas moi comúns da adolescencia a partir de novas técnicas e dinámicas baseadas na improvisación teatral gracias ao traballo do grupo Los Duguis.
A xestión e identificación de emocións, a resolución de conflictos, unha correcta interacción social ou a comunicación verbal e non verbal foron algúns dos contenidos traballados mediante diferentes xogos e dinámicas na que os rapaces puxeron todas as súas gañas e desfrutaron.
A xornada completouse cunha comida intergrupal baixo a cúpula do parque de Eirís pois a chuvia constante durante todo o día non nos arrugou. Como proba diso foron os xogos e espectacular convivencia entre os escultas afianzando ou creando novos lazos de unión entre todos, desta forma as VI Xornadas serviron tamén como punto de encontro para as unidades escultas da nosa federación neste inicio de rolda de cara ao resto do ano, e especialmente de cara á actividade por excelencia de escultas en Galicia: o akelarre (acampada que toca este ano).