Asamblea Scout 2014

equipos

Esta fin de semana 200 scouts dámonos cita por varios razóns: En primeiro lugar celebramos a Asamblea Scout, máximo órgano de participación e  decisión de ASDE Scouts de España. Dous días de debate e posta en común coa asistencia de tódalas Organizacións Federadas, representadas con 80 delegados. Moitos serán os temas de traballo: o Orzamento e Plan Anual para 2015, a Memoria de Xestión 2014, a ratificación das Contas Anuais 2013, etc.

De maneira paralela reunirase o 8º Foro Rover, o espazo de participación para os rovers/compañeiros de ASDE e no que se traballarán temas relacionados co Programa Educativo, a comunicación en ASDE, a formación, etc. Cabe destacar que o Regulamento do Foro Rover será un dos temas de traballo da  Asamblea Scout.

Na noite do sábado terá lugar o acto de entrega das Medallas ao Mérito Scout, recoñecemento de ASDE Scouts de España que destaca e recoñece a labor e compromiso de tres grandes compañeiros scouts, antigos membros do Equipo Scout: Marisa Collado Gómez, Ángel Ramón García Prieto e Christian Loste Ramos.

E por suposto, o máis esperado polos Grupos Scouts, o 8º Festival de Cortos Scouts e o 5º Festival de Fotos Scouts. Se queredes saber quens son os membros do xurado ou os cortos e fotos finalistas pincha aquí.

Asamblea Scout #AsambleaScout, como a entrega das Medalla o Mérito Scout #MedallasScout e o Festival de Cortos #CineScout e Fotos Scouts #FotoScout poderalas seguir vía streaming a través d0 mesmo enlace.

 

 



Deixe un comentario