ASDE – Scouts de Galicia lanza un Concurso de autofotos creativas

ASDE – Scouts de Galicia convoca o Concurso de Selfies Creativos. A iniciativa ten como obxectivo potenciar a creatividade da sociedade galega, especialmente da mocidade. Búscanse autofotos que amosen esa iniciativa da xuventude.

O Concurso de Selfies ten como destinatarios os nenos e mozos galegos. No caso dos menores de idade, será necesario entregar a autorización paterna ou dos titores legais de participación no Concurso, segundo o modelo que se aporta.

Os selfies deben amosar ao propio autor ou autores amosándose ben xunto a súa boa acción, actividade ou iniciativa para mellorar o mundo; ou ben cunha composición onde prime a creatividade.

O prazo de participación finaliza o 7 de outubro. O primeira premio consistirá nunha cámara de fotos deportiva.

O Concurso está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, a través do programa Iniciativa Xove.

Bases do Concurso

Formulario de participación

Autorización no caso de menores

cartel-concurso-selfies



Deixe un comentario