Os Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia inician os seus campamentos de verán

DSC_2673

Xa dende finais do mes de xuño os seis Grupos Scouts que conforman a Federación ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia, comezaron a súa campaña de verán.

Como todos os anos, o Campamento é a culminación de todo o realizado ao longo da Rolda. Scouts e Scouters (voluntarios adultos) vanse a vivir uns días lonxe da cidade, en contacto pleno coa Natureza para desenvolver un amplo programa de actividades co obxectivo de seguir a vivir a experiencia de formarse a un mesmo/a nun contexto de irmandade, tolerancia e servizo.

A autoformación, a responsabilidade, a coeducación, o esforzo e a diversión serán ferramentas esenciais para elo.

Nas páxinas Web dos distintos Grupos Scouts poderás ampliar esta información…



Deixe un comentario