Scouts en feminino

niños5

 “Igualdade para as mulleres: Progreso para todas e todos” (lema das Nacións Unidas para o Día da Muller en 2014).

Dende ASDE – Scouts de Galicia sumámonos á conmemoración do Día da Muller.

Aportamos o noso gran de area a través da coeducación e da educación en valores de igualdade, respecto e colaboración entre nenas e nenos, mozas e mozos e mulleres e homes. Noso programa educativo, noso método de traballo e os nosos equipos humanos buscan a corresponsabilidade e o apoio mutuo. Dende os Scouts máis pequenos aos Scouters (voluntarios adultos), nosos Grupos Scouts potencian o encontro e a compartición de tarefas e responsabilidades en pe de igualdade, de persoa a persoa na busca da construcción dun mundo sen discriminación, dun mundo mellor.



Deixe un comentario