O pasado mes de decembro, ASDE – Scouts de Galicia estivo presente, a través dos Grupos Scouts Hércules 283 e Semente 597 da Coruña, no I Salón Infantil de Galicia “Churritines”, dirixido a nenos e nenas entre os 1 e os 12 anos, celebrado no recinto Expocoruña.
Cunha afluencia que superou as 11.000 persoas, os dous Grupos Scouts salientaron a participación e interese do público o seu paso polo expositor no que, baixo o lema mundial scout “Construír un Mundo Mellor”, os rapaces e rapazas contribuían a mellorar un mundo excesivamente urbanizado e contaminado representado cunha maqueta
Nela, ían mudandose árbores queimadas por outras novas e frondosas, algúns edificios desaparecían para dar paso a zonas verdes, ríos e mares cobraban vida con peixes, polbos e golfiños, e as industrias contaminantes sustituíanse por paneis solares e aeroxeneradores. Todo esto elaborado con material de refugallo por eles mesmos
Noutros apartados do expositor, os participantes podían escribir nun mural aquelas accións ou propostas para contribuír a mellorar o mundo, levar un recordo nos obradoiros de pulseiras e chaveiros e mesmo axudar na construcción dunha mesa de campamento
Foi unha boa oportunidade de dar a coñecer qué somos os scouts e como desenvolvemos a nosa labor educativa a moitas das familias que se pasaron polo evento
Grazas e parabéns aos dous Grupos polo voso traballo!