Boa Ruta Madiba

NelsonMandela-m

 

O ex presidente sudafricano, Nelson Mandela, morreu onte á noite aos 95 anos. O Premio Nobel da Paz pasou a historia por derrotar o “apartheid” no seu país e promover a reconcilización entre a comunidade negra e branca. Pasou 27 anos na cadea.

Nelson Mandela, patrón dos scouts sudafricanos, escribiu en decembro de 2013 o seguinte:

“O Movemento Internacional Scout é líder mundial en educación de mozos e mozas e ten particular relevancia para as súas necesidades en África e as democracias emerxentes en todo o mundo.
Estou satisfeito co progreso do Escultismo en África do Sur, e nas etapas que se están a desenvolver para facer o programa accesible a persoas máis novas. A importancia dun código moral elevado está na base do Movemento Scout”


Nelson R. Mandela
Patron of SCOUTS South Africa

Dende ASDE – Scouts de Galicia, sumámonos a todas as mensaxes de condolencia chegadas dende cada un dos rincóns do mundo, e lamentamos a perda dunha das figuras máis relevantes na loita polos Dereitos Humanos e pola non violencia.

Descanse en paz.

Sempre Listos Para Servir

 

 

 



Deixe un comentario