Os días 23 e 24 de novembro, o noso Tesoureiro e o noso Secretario acudiron como delegados de ASDE – Scouts de Galicia á Asamblea de ASDE – Scouts de España, que tivo lugar en Guadarrama (Madrid).
Xunto cos delegados das outras Organizacións Federadas e o Equipo da Federación, estiveron a traballar duro e sacaron adiante os orzamentos para o 2014, os novos Estatutos e Regulamento e o novo Sistema Federal de Formación.
Pero sen lugar a dúbidas o mellor momento da Asamblea foi a incorporación de ASDE – Euskadiko Esploratzaileak – Scouts de Euskadi como novo membro da Federación. Tras unha emotiva presentación dos seus representantes a incorporación foi aprobada por unanimidade e aplaudida por todos os delegados postos en pe.
Os compañeiros de Esploratzaileak presentando o seu proxecto