Coincidindo co inicio do curso escolar os Grupos Scouts que conforman ASDE – Scouts de Galicia comezan as súas actividades.
Se tes entre 6 e 20 anos todo aquilo que te atrevas a soñar podes levalo a cabo nun Grupo Scout. Porque, coma a ti, gústanos a aventura, os desafíos, descubrir o mundo, coñecer novos lugares e compartilos con amigos.
Se tes máis de 20 anos e tes inquedanzas polo voluntariado educativo, na nosa ONGD poderás axudar cambiar o mundo…
Deporte, vitalidade, traballo en equipo, compañeirismo, liberdade, multiaventura, busca, creatividade, lenda, grupo, diferenza, convivencia, medio ambiente, autocrítica, orientación, admiración, tolerancia, pluralidade, POR PRINCIPIOS.
Podes atopar aos nosos Grupos Scouts en:
FERROL:
– Grupo Scout 19: www.scoutsferrol.org
– Grupo Scout Vasco da Ponte 636: www.vascodaponte.org
A CORUÑA:
– Grupo Scout San Jorge 33: www.sanjorge33.org
– Grupo Scout Hércules 283: www.hercules283.org
– Grupo Scout Semente 597: www.semente.org
SANTIAGO DE COMPOSTELA:
– Grupo Scout Chan 292: www.gruposcoutchan292.org